Resultados

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS AUTONOMICAS DE PRIMEIRA CATEGORÍA.

O vindeiro sábado día 26 de xuño, nas pistas de atletismo do Balaídos (Vigo), terá lugar o XXXV Campionato de España de Federacións Autonómicas de Primeira Categoría. Participarán, en homes, equipos das Federacións Autonómicas de: Andalucía, Canarias, Castela a Mancha, Castela e León, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia e Madrid. En mulleres, Andalucía, Castela a Mancha, Castela e León, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, Madrid e País Vasco. A competición terá lugar en xornadas de mañá ( de 10.00 a 12.30) e tarde (de 18.00 a 21.30).
Atletas galegos
O equipo galego é de moi alto nivel. Entre os cinco primeiros clasifiacados do ranking nacional están os atletas Jean M. Okutu (7,37/Lonxitude), José A. Palomanes (15,55/ Triplo). Gustavo Dacal (74,23/Xavelina). Luís Moro(5,20/Pértega).Victor Galego (54,06/ Martelo). Isaac Vicente (68,39/Martelo). Mercedes de Santaló (50,44/Disco). Felicia Moldovan (56,37/Xavelina). Lorena Luaces (22´51¨18/ Marcha) e Begoña Garrido (54¨73/400).
Presentación do campionato
A presentación do Campionato será o xoves día 24 ás 11.00 horas na sede viguesa de Coca- Cola, na estrada Vigo ? Madrid

BAIXAS NA SELECCIÓN GALEGA
Un total de tres baixas por causa de distintas lesións, son as producidas na Selección Galega no Torneo de Federacións de 1ª categoría.
Os atletas que causan baixa son o velocista Patrick Ike Chinedu, e os pértigistas Luís Mouro e Alexandre Soa. Sendo substituídos por Maximiliano Rodriguez Magi en 100 metros e Santiago Ferrer Alonso en pertiga.
NOVA EQUIPACION PARA A SELECCIÓN GALEGA
La FGA, entrega a todos os atletas participantes un novo modelo de equipamento de competición, asi como outro de paseo.

Mais información (HORARIO-CAMARA DE CHAMADAS)

Atletas inscritos

Compartir: