Resultados

Gustavo Neves: Mellor marca mundial en 5000 metros na categoria T12

Esta tarde na XXV Reunión de Atletismo de Barakaldo, Gustavo Nieves parou o crono en 14.18.55 no 5.000ml, co que establece un novo TOPE MUNDIAL T-12 logo da súa actuación de fai escasos 4 días en Bilbao con 14.20.79 borrando das listas os 14.24.03 do kenyano Henry Kiprono Kirwa realizados nos Xogos Paralímpicos de Beejing en 2008.
O próximo reto de Gustavo Nieves atleta da SGP, será participar no Cto. España Absoluto de 10.000ml en Cáceres o mércores día 30 de xuño. No vórtice de competicións que lle supuxo este de mes de xuño, como preparación para os mundiais de Nova Zelandia, vai vento en popa, e espera referendalo facendo unha marca inferior aos 30.00 no 10.000ml.Resultados

Compartir: