XXIV GRAN PREMIO INTERNACIONAL DE MARCHA ATLÉTICA ¨CANTÓNS DA CORUÑA¨.

O próximo día 19 celebrarase na Coruña a XXIV edición do Gran Premio Internacional Cantóns da Coruña. O Gran Premio celébrase na cidade herculina desde 1987 de xeito ininterrompido. A proba forma do Circuíto Mundial de Marcha (Challenge IAAF de Marcha 2010) integrada polas probas que se celebran en dez cidades de todo o mundo. A da Coruña é a última proba do circuíto.
Participantes
– Atletas de 17 países.
– 56 atletas inscritos: 36 homes e 20 mulleres.

Probas de promoción
Celebraranse previamente ao Gran Premio e son:
– 16.45 horas: 2 km. Benjamín homes e mulleres.
– 17.05 horas: 3km. Alevín e Infantil homes e mulleres. Cadete
mulleres
– 17.30 horas: 5 km. Xuvenil, Junior, Promesa,Senior e Veterano
homes e mulleres. Cadete homes. [INSCRIPCION PROMOCION]


Horario Gran Premio
– 18.30: 10 km. Junior internacional mulleres.
20 km. Internacional mulleres.
– 18.50: 10 km. Junior internacional homes. e 20 km. Internacional homes

Atletas destacados
Entre os atletas inscritos cabe destacar aos chineses Hao Wang, vencedor nos 20 km da Copa do Mundo 2010, cuarto nos JJ.OO de Beijing e segundo no Campionato do Mundo 2009, Berlín. Yafei Zhu, segundo na Copa do Mundo 2010. O australiano Jared Tallent, terceiro nos 20 km de Beijing e terceiro nos 50 km da Copa do Mundo 2010 celebrada en Chihuahua (Mexico). O italiano Ivano Brugneti, Campión Olímpico en Atenas e quinto na Copa do Mundo 2010 na proba de 20 km e, como non, o veterano marchador español Jesús García Bragado, terceiro en Berlín na proba de 50 km. En mulleres, a irlandesa Olive Loughnane e a chinesa Hong Liu, segunda e terceira do Campionato do Mundo de Berlín 2009, así como as portuguesas Beira Santos e Inês Henriques, segunda e terceira na Copa do Mundo 2010.
Presentación
A presentación do Gran Premio sera o xoves día 17 ás 12.30 horas
no Concello da Coruña. LISTA DE PARTICIPANTES GP PARTICIPANTES 10 KM. PLANO CARTEL

CABECERA HISTORIAL Reglamento Regulations Oficiales

Compartir: