Ourense Academia Postal: Os homes sálvase e as mulleres descenden

O equipo masculino do Ourense logrou a salvación na última xornada de Liga, e co seu segundo posto en Bilbao consegue o obxectivo da permanencia na División de Honra. O equipo logrou a segunda praza por detrás do ISN Navarra (188,5 puntos por 174,5 do Ourense), superando ao Medilast Lleida e ao UPV Bizkorrak.
Un total de oito vitorias individuais foron os logrados polos atletas del Ourense . Venceron as súas probas Patrick Chinedu (100 lisos), Edgar Villanueva (800 lisos), Francisco Arcilla (marcha), Afonso Palomanes (lonxitude e tripla, de novo o máis destacado), Iván Valle (altura), Ignacio Calderón (martelo) e Yioser Toledo (peso), este último cun espectacular lanzamento de 18,25
As mulleres non tiveron sorte no seu encontro: competiron ao máximo posible, pero nun igualado final tan só puideron ser cuartas a cinco puntos de Praias de Jandía e a escasamente oito puntos do Bidezábal, que foi o que xunto co Oviedo At. lograba salvar a categoría. Resultados
As mulleres notaron en exceso as baixas e lesións que lles acompañaron durante todos os encontros da Liga. Un total de tres primeiro postos individuais foi a mellor bagaxe das participantes. Lograron a vitoria Iria Castro (800 lisos), Lorena Luaces (marcha) e o equipo de 4×400 metros (Alba Fernández, Consi Gómez, Iria Castro e Lucía Currales) Resultados

Compartir: