Resultados

XXIV GRAN PREMIO INTERNACIONAL DE MARCHA ATLÉTICA ¨CANTONES DA CORUÑA¨.

O próximo día 19 celebrarase na Coruña a XXIV edición do Gran Premio Internacional Cantóns da Coruña. O Gran Premio celébrase na cidade herculina desde 1987 de xeito ininterrompido. A proba forma do Circuíto Mundial de Marcha (Challenge IAAF de Marcha 2010) integrada polas probas que se celebran en dez cidades de todo o mundo. A da Coruña é a última proba do circuíto.
Atletas participantes
Entre os atletas inscritos ata o momento, cabe destacar aos chineses Hao Wang, vencedor nos 20 km da Copa do Mundo 2010, cuarto nos JJ.OO de Beijing e segundo no Campionato do Mundo 2009, Berlín. Yafei Zhu, segundo na Copa do Mundo 2010. O australiano Jared Tallent, terceiro nos 20 km de Beijing e terceiro nos 50 km da Copa do Mundo 2010 celebrada en Chihuahua (Mexico). O italiano Ivano Brugneti, Campión Olímpico en Atenas e quinto na Copa do Mundo 2010 na proba de 20 km e, como non, o veterano marchador español Jesús García Bragado, terceiro en Berlín na proba de 50 km. En mulleres, a irlandesa Olive Loughnane e a chinesa Hong Liu, segunda e terceira do Campionato do Mundo de Berlín 2009, así como as portuguesas Beira Santos e Inês Henriques, segunda e terceira na Copa do Mundo 2010, son as atletas máis relevantes ata o momento Mais información

Probas de promoción de marcha
Coincidindo coa celebración do XXIV do G.P. Cantóns da Coruña, a FGA programaranse as seguintes probas de promoción,
16:45 2 Km Benxamin Homes/mulleres
17.05 3 Km. Alv/Inf HomesAlv/Inf/Cd Mulleres
17.30 5 Km. Cd/Xv/Jn/Pr/Sn/Vt Homes Xv/Jn/Pr/Sn/Vt Mulleres (Circular)

Compartir: