Resultados

Luís A. Martinez Duran e Iria Fernandez Campións Galegos de Montaña

O domingo celebrouse na localidade ourensá de Esgos o Campionato Galego de Montaña, onde se deron cita un bo numero de atletas.
Campións
A categoría absoluta estivo dominada por Luís Alberto Martínez Durán que cruzou a meta en 58.08, sendo a vencedora na categoría feminina Iria Fernandez Fontenla con 1.18.59.
O cadro de campións completouse coa categoría M35 sendo Luís Martinez tambien o vencedor e Elena do Mar Naviero. Na categoría M50 Antonio Folgoso e Pilar Gonzalez foron os vencedores. Resultados

Compartir: