Resultados

Bo Campionato Galego Infantil e Alevin en Pontevedra

O pasado sábado celebrouse nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra o Campionato Galego Infantil e Alevin.
A xornada comezou ás 11 da mañá e a boa climatoloxía acompañou aos atletas en todo o Campionato, asi como o gran ambiente creado ao redor das novas promesas do noso deporte.
Mellores Marcas.
Dentro do bo ton xeral das probas destacar o gran rexistro da infantil Iria Forjan Oliveira do Barbanza na proba de lonxitude cun rexistro de 5,15 metros (nova mellor marca galega). Tamén bo campionato da alevin Iria Rodriguez Huertas do Porriño en 60 metros con 8.75 e en 500 con 1.25.92, tambien mellores marcas galegas alevin. Miriam Gómez Medeiros do Caldas logrou mellorar a marca en tríatlon ao facer unha puntuación de 1.122 puntos.
Na categoría masculina o alevin do Val Miñor, Jose Villar Corrales, venceu con facilidade nos 2000 metros facendo un bo rexistro de 6.57.62 (MMG).
Desde a FGA queremos fecilitar a todos os atletas, xuíces e organización polo bo campionato celebrado. Foto: Flor Currás

Resultados: [Infantil-Alevin] FOTOS

Compartir: