Dende San Fernando nos chega a primeira boa noticia para o atletismo galego, a marchadora ourensana Lorena Luaces rematou na 4ª posición na proba dos 10 km marcha cun tempo de 45:54:03 rebaixando nun minuto o antigo record galego absoluto establecido por Laura Ferreiro no ano 1998. Noraboa para esta magnífica atleta!. Sigue o Campionato Iberoamericano dende a web oficial. Web Oficial