Resultados

Campionato de España Cadete

Entre os días 4 e 6 de xuño terá lugar, en Lloret de Mar,o Campionato de España de Seleccións Autonómicas escolar da categoría Cadete. A selección galega está formada por 18 homes e 18 mulleres.
Atletas destacados
Entre os nosos representantes merecen mención especial, pola súa clara opción a medalla, a participación de Patricia Carballo (COCO.100ml/12¨63) e Ana Peleteiro (Barbanza.Triplo/12,28 m) primeiras do ranking nacional (R.N) da categoría cadete. Alba Martínez (OAAP. Triplo/11,32 m) segunda do R.N da categoría. Sergio Paredes (Cuntis.Martelo/49,46), cuarto do R.N. O atleta Martín Liste (Silva) é sétimo en xavelina/42,72 m e disco/38,76 m. Está tamén no R.N a atleta Marta Lolo (COCO. Triplo/11,32 e Lonxitude/5,23m) segunda e cuarta respectivamente

Compartir: