Gustavo Nieves na mañá de hoxe domingo logra a Marca de
Europa (e de España) de 5.000 ml e quedouse a tan só 48 centésimas da Marca do Mundo. coa marca de 14.24.50 oficial que SERÁ HOMOLOGADA POLO IPC como marca de Europa da Categoría T-12 de
deficientes Visuais, conseguindo unha nova marca mínima para participar no Cto. do Mundo en Nova Zelandia.
Conclúe asi Gustavo, unha clasificación para o Cto. do Mundo a disputar en Nova Zelandia en xaneiro de 2011 na proba que lle dió tamén un Ouro no Europeo de Rodas o verán pasado. Desta vez non
puido ser o alcanzar o Tope Mundial da distancia, , Debido á multitudinaria participación de categorías de cegos (con e sen guía), Gustavo realizou o esforzo contra o crono en solitario e curveando
ata a rúa 3, varias veces para realizar dobraxes. No entanto, gran proba, nunha gran organización dun Meeting Internacional que cada vez se fai mellor e de gran calidade Mais infromación