Campionatos Galegos Junior-Promesa e Xuvenil de 5000 metros

No estadio da Malata de Ferrol, déronse citas os atletas das categoría junior e promesa para a disputa do campionato galego. Tambien disputouse o xuvenil de 5000 metros. A xornada resultou interesante a falta dunha maior participación.
Categoría Junior
O gran triunfador da categoria foi Enrique Prego do Riazor fíxose con tres medallas de ouro, en os 400 con 51.44 os 400 valos con 56.63 e salto de altura con 1,64 metros .Varios foron os atletas que fixeron dobrete como Rodrigo Avellaneda do Coruña Comarca en 100 e 200 cuns rexistro de 11.47 e 22.84; ; Alberto Elena en lonxitude e triplo con 6,52 y 13,15 metros.
Na categoría feminina Leticia Fernandez do Ourense proclamouse dobre campioa en 800 e 1500 con 2.16.93 e 4.36.02; Korai Bures do Atletismo Feminino Celta tambien fixo dobrete cos seus triunfos en 200 con 27.42 e en 400 con 1.01.86; en disco con 27,08 e xavelina con 25,43 foi a atleta da Sociedade Gimnatica Ruth Otero tamén logro o dobrete.
Categoría Promesa
Sete foron os atletas que conseguiron proclamarse campións por partida dobre, como Lucia Pérez do Atletismo Feminino Celta en lonxitude e Triplo con 5,15 e 11,89; sendo a súa compañeira de equipo Catuxa Casal, con 12.68 e 25.90 en 100 e 200 metros a vencedora; Sandra Mosquera do Comesaña fíxose co 800 e 1500 con 2.22.46 e 4.36.24; Verónica Vazquez do Ourense en Peso e Disco con 9,97 e 33,72
A categoría masculina o atleta local do Narón Samuel Paz en 100 e 400 valos con 11.37 e 53,74; Santiago Ferrer en 110 valos e Pértega con 15.88 e 4,30; David Gonzalez do Vila de Cangas en 800 e 1500 con 1.57.05 e 4.10.81; e David Ferrer da Gimnastica en lonxitude e triplo con 6,84 e 13,38 metros, foron os vencedores.
Campionato Xuvenil de 5000 metros
Brais Freire do San Fernando Lucus e Patricia Yañez do Sierra Narón foron os vencedores

Resultados Campeonato Gallego Junior-Promesa e Juvenil de 5000 metros

Compartir: