Hoxe incluíuse na Circular 47-2010 o plan de viaxe dos atletas galegos de categoría cadete que representarán a Galicia no vindeiro Campionato de España por autonomías do CSD. A viaxe iniciarase na noite do xoves día 3 ás 22:30 horas, recollendo aos atletas por diversos puntos de Galicia. Ao frente da expedición irán os adestradores galegos Nuria Lameiro, Carlos Tuñas, Agustín González e José A. Pardal. Un total de 36 atletas galegos participarán neste campionato, lembremos que os atletas foron seleccionados a proposta dos responsables dos sectores da FGA e do Director Técnico seguindo os criterios publicados na Circular 24-2010. Galicia competirá cas mellores autonomías intentando buscar un bo posto na clasificación xeral por comunidades. Noraboa para estes atletas e moita sorte nesta importante experiencia! Circular 47-2010 co plan de viaxe Web Campionato