O pasado fín de semana celebrouse en Logroño o Campionato de España de Probas Combinadas de Veteranos. Tres foron os representantes galegos, os tres do Club Atlético A Silva (Cerceda). En M-35 José Domínguez proclamouse subcampión de España con 4.978 puntos. En mulleres, en W-35 Mª José Fraga, tamén logrou o subcampeonato nacional con 2.177 puntos, que é a mellor marca galega da categoría. Pilar Regueiro na categoría W-40 obtivo o título de Campioa de España con 2.272 puntos, nova mellor marca galega da súa categoría