Resultados

Perto de 2000 mulleres invadirán as rúas de Compostela este domingo. Se eres muller anímate e participa!

A Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte, a S.A de Xestión do Plan Xacobeo e a Secretaría Xeral da Igualdade promoven a primeira edición en Galicia da Carreira da Muller, que se disputará en Santiago de Compostela o vindeiro 23 de maio. A proba transcorrerá en Compostela polos últimos 5 quilómetros do Camiño de Santiago, co que comparte obxectivos: o fomento da solidariedade, o deporte e a saúde. Ademais do diñeiro recaudado unha porcentaxe irá para a loita contra o cáncer. A carreira busca implicar ás mulleres na práctica do deporte e converter a convocatoria nunha xornada de festa para todos os públicos con actividades lúdicas complementarias. Un evento vinculado e comprometido dobremente coa saúde, posto que un de cada cinco euros que as corredoras pagarán no momento da inscrición será doado á Asociación Española Contra o Cancro (AECC) para loitar contra o cancro de mama. Mais información en www.carreradelamujer.com

Compartir: