Pedro Nimo, que reaparecía en competición logo de oito meses
de inactividade debidas á súa lesión no Campionato do Mundo de Berlín, cumpriu o seu obxectivo, que non era só gañar, senón bater o record da proba. Así o fixo parando o crono en 1:05:52.En segundo
lugar clasificouse Manuel Hurtado, que con 1:07:13. O terceiro foi Daniel Bargiela, cunha marca de 1:07:26.
Mulleres
Yolanda Gutierrez foi a vencedora, cunha marca de 1:17:17,
impóndose a María Abel, que tras a súa participación no Campionato de España de Campo a través, realizou unha espléndida carreira que a levou a meta con 1:19:11. A terceira foi a
veterana campioa do mundo de W-40 Soledad Castro, que con 1:19:33, rebaixou a súa marca do ano pasado en 21¨.
Gran participación e moito público
O trazado do circuíto permitiu que gran número de espectadores presenciase a proba, moi atractiva segundo manifestaron moitos participantes anónimos que eloxiaron a organización e o percorrido da
proba, moi apropiado para a consecución de marcas persoais, todas elas válidaspor tratarse dun circuíto homologado. Clasificacion Xeral FOTOS