O adestrador galego Alfonso Ortega Casasnovas vai ser galardonado polo Secretario de Estado. Presidente do Consello Superior de Deportes, D. Jaime Lissavetsky ca medalla de prata da Real Orde ao Mérito Deportivo. O acto terá lugar nas instalacións do INEF da Universidade Politécnica de Madrid o día 31 de maio ás 13.00 horas. A FGA desexa manifestar públicamente o seu gran agrado ao recaer este importante premio nun adestrador galego con tanta traxectoria e dedicación. Noraboa Alfonso e desexamoste o mellor para os vindeiros anos.