Intenso fin de semana de carreiras populares: O Pino, O Couto, Feirarrúa e As Aguiñas celebran a súa carreira popular

Este fin de semana o atletismo popular será o protagonista en distintos concellos galegos. O sábado día 8 celebrarase en O Pino a VII Carreira Popular Concello de O Pino, este concello xa conta cunha vasta experiencia en organización de eventos atléticos. Na xornada do domingo, as rúas do barrio do Couto serán as protagonistas en Ourense, acollendo a III Carreira Popular Festas do Couto. Tamén nesa mesma mañá en Feirarrúa terá lugar a XXI Carreira Popular e IX Media Maratón Feirarrúa mentres que en Porriño disputarase a V Carreira As Aguiñas. Os prazos de inscrición para todas estas carreiras ainda están abertos.

Compartir: