Resultados

Un total de 11 atletas galegos foron recoñecidos na xuntanza da comisión evaluadora do recoñecemento de deportistas galegos de alto nivel

Esta mañá tivo lugar ao longo de varias horas o estudo das solicitudes presentadas polos deportistas galegos para optar ao recoñecemento DGAN. Entre os membros desta comisión atopábase o presidente da Federación Galega de Atletismo, así como outros directivos de diversas federacións. O atletismo obtivo 11 novos atletas recoñecidos polos seus méritos estes son: Gustavo Dacal, Pablo Denis, Denís Galán, David Gómez, Luis Moro, Santiago Pérez, Lucía Perez, Maximiliano Rodriguez, Isaac Vicente, José Vila e Pedro Nimo. Ademais dos anteriormente publicados no DOGA do 19 de novembro, Todos estes deportistas deben presentar a súa solicitude de beca antes do 15 de maio.

Compartir: