Resultados

O pasado venres tivo lugar en Pontevedra a primeira xuntanza dos novos membros da Comisión de Veteráns

O pasado venres na sede da Delegación da FGA en Pontevedra tivo lugar a primeira xuntanza dos novos membros adscritos a Comisión de veteráns da Federación Galega de Atletismo. A Comisión estivo presidida pola súa nova presidenta, a atleta internacional María Jesús Sanguos, asi como dos vocais, Xosé Luis Otero Cepeda e Soledad Castro, tamén dous atletas cunha amplia experiencia no atletismo veterán que sen dúbida algunha aportarán moito a esta comisión. Disculparon a súa ausencia Luis Nogueira e Emilia Mesa, que por motivos alleos a súa vontade non poideron presenciar esta primeira xuntanza. Nesta primeira toma de contacto dos novos membros, fixéronse importantes propostas, entres as que destacan, a creación dunha sección na web para os atletas veterán, a xestión cunha axencia de viaxes para programar as viaxes dos atletas veteráns aos distintos campionatos nacionais e internacionais, entre outras propostas. A reunión tivo lugar ao longo de dúas horas, nas que se fixo un repaso á tempada anterior e unha abordaxe da tempada actual.

Compartir: