Cross Escolar Agrup. Deportiva San Miguel

Nunha preciosa mañá puidemos gozar un ano máis da participación de nenos e nenas nesta proba de iniciación ao atletismo onde dos 1242 inscritos previos (algún máis se inscribiu in situ) o obxectivo da organización segue quedando un pouco lonxe, pois tan só participaron o 65% dos mesmos, o que os obxectivos estean todavia algo afastados non quere dicir que non se siga traballando para conseguilo.
O concelleiro de deportes vigués Xabier Alonso soubo unha vez máis estar nesta proba de promoción do atletismo, dió a saída na proba de Pre-benjamín feminina, entre as nais estivo participando a Olímpica Julia Vaqueiro, o de menos é que ela gañase a carreira, ela exerceu o seu dereito como nai a participar cando a súa filla Xulia Vicente Vaqueiro participou coas Pre-benjamines.
En resumo unha festa con todas as letras do atletismo de promoción Resultados

Compartir: