Ao peche do prazo de inscricións do 16º Cros Escolar A.D.Castro-San Miguel –
Trofeo Caixanova, a celebrar o domingo no Parque de Castrelos, rexistráronse un total de 1.242 inscritos.
Este evento, cuxo obxectivo prioritario é o de iniciar neste deporte aos máis pequenos, pois a súa participación limítase aos nados en 1995 e anos posteriores, é basicamente dirixido aos centros
escolares, tanto públicos como privados, é a proba deste tipo de maior participación en toda Galicia.Obsérvase que cada ano son máis os papás e mamás de nenos participantes que se animan a correr
esa proba adiccional de mil metros creada para eles.
A Organización considera que o verdadeiro éxito non está en conseguir que se inscribisen os 1.242 que o fixeron, o éxito será se deles a porcentaxe de participantes con relación a anos anteriores
segue subindo, por suposto non soñamos co 100%….pero 85% estaría moi ben.
Desta proba saíu a viguesa, internacional coa selección española de atletismo desde Xuvenil á actualidade, Sandra Mosquera que correndo coa súa colégio, o Compañia de María, foi captada pola
directora técnica deste evento Oliva Román, pasando logo ao Comesaña Sporting Club