Resultados

Publicada hoxe a convocatoria DGAN 2009. A Fundación Deporte Galego destina 400.000 euros

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de axudas da Fundación Deporte Galego para os Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN), unha liña de achegas que dende 2004 apoia o traballo dos atletas de elite da comunidade autónoma. Desta volta, a institución destina un total de 400.000 euros, que se repartirán en función do resultado das actividades deportivas desenvolvidas no ano 2009. A asignación das axudas farase de acordo cos criterios obxectivos que se publican na convocatoria. Estas axudas poden chegar a 10.000 euros, a cantidade máxima establecida na edición de 2009 deste programa de axudas.
Para optar ás achegas, os/as beneficiarios/as teñen que estar recoñecidos pola Secretaría xeral para o deporte como Deportistas Galegos de Alto Nivel, en base ao Decreto 6/2004 polo que se regula a cualificación dos deportistas galegos de alto nivel e os programas de beneficios dirixidos a estes, contar con licenza deportiva en vigor e non estar a cumprir sancións disciplinarias ou administrativas. Mais informacion click AQUÍ

Compartir: