Marta Fernandez e Gustavo Nieves: Campións Galegos de 10.00 metros.

Nas pistas do Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra e cunha excelente climatoloxía disputáronse os Campionatos Galegos de 10.000 metros, asi como a I Reunión Nacional Trofeo Xunta de Galicia e o Criterium Galego de Saltos e Lanzamentos.
Campionato Galego
A atleta do Comesaña Sporting Club, Marta Fernández non tivo rival na disputa do Campionato, pois desde os primeiros metros marchouse en solitario e unicamente se vió obrigada co crono cruzando a meta cun rexistro de 36.11.81, estando acompañada no podium polas súas compañeiras de Club, Yolanda Gutierrez (37.10.95) e Soledad Castro (37.23.34).
A carreira masculina foi unha copia da feminina, pois da mesma forma o atleta da Sociedade Gimnastica de Pontevedra, Gustavo Nieves, afastouse dos seus competidores desde os primeiros metros, terminando en solitario cunha marca de 30.13.75, sendo segundo Xavier Díaz do San Fernando Lucus a máis de tres minutos do vencedor, logrando Fernando Siera de Barbanza a terceira posición. O vencedor da categoría promesa foi Constantin Dragomir do S.F. Lucus, cun discreto crono de 38.48.93.
I Reunión Nacional Trofeo Xunta de Galicia.
Patrocinada pola Secretaría Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia con a participación aberta a todos os atletas , e coa marca mínima esixida, tuvo lugar a I Reunión Nacional Trofeo Xunta de Galicia. Os vencedores da reunión foron os atletas Samuel Paz (Narón) que no 400 ml, cunha marca de 49¨01 logrou 939 puntos. En mulleres impúxose a atleta Marta Fernández (Comesaña) que en 10.000 m. sumou 972 puntos.
Criterium galego de saltos de primavera.
O o criterium de saltos impuxéronse os atletas José A. Palomanes (OAAP.Lonxitude/ 887 puntos) e a cadete Ana Peleteiro (Barbanza. Triplo/901 puntos). A nova promesa do Barbanza, volveu a demostar as súas condicións e cunha marca de 12,12 m. logrou a mellor marca galega de triplo salto na categoría cadete.
Criterium galego de lanzamentos de primavera.
No Cirterium de lanzamentos impuxéronse o martillista Isaac Vicente , que con 65,29 m logrou 947 puntos e Felicia Moldovan, que no seu quinto lanzamento alcanzou o teito das puntuacións da xornada con 992 puntos.
A xornada finalizou coa presenza da Directora do Centro de Tecnificación, o presidente da FGA e os responsables dos sectores de lanzamentos e salto da FGA, que fixeron entrega das premiaciones aos vencedores Resultados FOTOS

Nas pistas do Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra e cunha excelente climatoloxía disputáronse os Campionatos Galegos de 10.000 metros, asi como a I Reunión Nacional Trofeo Xunta de Galicia e o Criterium Galego de Saltos e Lanzamentos.
Campionato Galego
A atleta do Comesaña Sporting Club, Marta Fernández non tivo rival na disputa do Campionato, pois desde os primeiros metros marchouse en solitario e unicamente se vió obrigada co crono cruzando a meta cun rexistro de 36.11.81, estando acompañada no podium polas súas compañeiras de Club, Yolanda Gutierrez (37.10.95) e Soledad Castro (37.23.34).
A carreira masculina foi unha copia da feminina, pois da mesma forma o atleta da Sociedade Gimnastica de Pontevedra, Gustavo Nieves, afastouse dos seus competidores desde os primeiros metros, terminando en solitario cunha marca de 30.13.75, sendo segundo Xavier Díaz do San Fernando Lucus a máis de tres minutos do vencedor, logrando Fernando Siera de Barbanza a terceira posición. O vencedor da categoría promesa foi Constantin Dragomir do S.F. Lucus, cun discreto crono de 38.48.93.
I Reunión Nacional Trofeo Xunta de Galicia.
Patrocinada pola Secretaría Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia con a participación aberta a todos os atletas , e coa marca mínima esixida, tuvo lugar a I Reunión Nacional Trofeo Xunta de Galicia. Os vencedores da reunión foron os atletas Samuel Paz (Narón) que no 400 ml, cunha marca de 49¨01 logrou 939 puntos. En mulleres impúxose a atleta Marta Fernández (Comesaña) que en 10.000 m. sumou 972 puntos.
Criterium galego de saltos de primavera.
O o criterium de saltos impuxéronse os atletas José A. Palomanes (OAAP.Lonxitude/ 887 puntos) e a cadete Ana Peleteiro (Barbanza. Triplo/901 puntos). A nova promesa do Barbanza, volveu a demostar as súas condicións e cunha marca de 12,12 m. logrou a mellor marca galega de triplo salto na categoría cadete.
Criterium galego de lanzamentos de primavera.
No criterium de lanzamentos impuxéronse os jabalinistas Gustavo Dacal, que con 68,86 m logrou 915 puntos e Felicia Moldovan, que no seu quinto lanzamento alcanzou o teito das puntuacións da xornada con 992 puntos.

Compartir: