Boas noticias para o atletismo galego, a RFEA publicou hoxe o listado de atletas nacionais becados no programa ADO, programa destinado para a mellora dos resultados dos deportistas españois nos vindeiros Xogos Olímpicos. Jean Marie Okutu figura no selecto listado de atletas que percibirán unha beca nivel E, correspondente a 12.000 euros para disfrutar nesta tempada co fin de axudarlle a acadar os mellores resultados. Noraboa para este atleta que sen dúbida algunha deleitaranos novamente co seu virtuosismo nesta tempada.