As pistas de Balaídos acolleron o XXIII Trofeo Reconquista, organizado pola
Agrupación Viguesa de Atletismo, coa participación de dous centenares de atletas pertencentes a unha vintena de clubs de toda Galicia e Portugal. As boas condicións meteorolóxicas axudaron a que
moitos atletas mellorasen as súas marcas, cun resultado satisfactorio en xeral.
Foi nos concursos nos que se conseguiron mellores rexistros, a pesar
da numerosa participación nas carreiras. A xornada comezaba cos 51.09m en xavelina da campioa lusa Silvia Cruz. A céltica Elena Estévez, lanzou o peso a 12.32m, mellor marca da
tempada. Na proba de lanzamento de martelo, e tamén do Feminino Celta, Sara Arosa e Noelia Ferradanes rexistraron 48.49m e 47.39m respectivamente. Destacar a actuación de Sergio Tellería(RCCV) en salto con pértega, cunha
marca de 4.40 metros e os 3.10m de Desiree Rodríguez(CAFC). En 400m, Javier Fidalgo (OAAP), con 49.56, foi o único atleta por baixo dos 50 segundos. Nas carreiras
de menores, destacaron en 1000m os infantís David Santorio(Beade), 3.01.11; Lois Mariño(Val Miñor), 3.01.74 e Angela González(SM Oia) 3.08.52, así
como a alevín Iria Rodríguez(CAt Porriño), 3.14.17. (nova mellor marca alevin) Resultados
Fotos:xentileza de Flor Currás