Resultados

A responsable do gabinete de psicoloxía da FGA a Dra. Madó González, experta en psicoloxía deportiva, impartirá o vindeiro día 9 de abril unha charla en Vilagarcía

“Adestrando aos pais” será o título da charla-coloquio que impartirá a Doutora González na sala de conferencias do Auditorio de Vilagarcía, a iniciativa froito da Agrupación Deportiva Mazí ten como principal obxectivo a formación no eido psicolóxico do adestramento dos cativos. A conferencia terá lugar o venres 9 de abril ás 20:00 horas, animamos a todolos adestradores galegos e pais de deportistas a asistir a esta actividade formativa gratuita.

Compartir: