Finalizada a tempada de inverno, os atletas galegos conseguiron un total de 74 medallas nos distintos Campionatos Nacionais. Delas 28 de ouro, 23 de prata e 23 de bronce, das que aos veteranos
corresponden 18 de ouro, 13 de prata e 12 de bronce. Ás medallas nacionais cabe engadir as das campioas mundiais de veteranos Mª Jesús Sanguos (60 m v) e Soidade Castro (medio marathon).
Dez mellores marcas galegas batidas
Batéronse catro records absolutos, logrados por Lorena Luaces (OAAP. 10 km marcha/46.47); Begoña Garrido (400 ml/54¨81); Luís Moro (ADAS.Pértega/5,40 m) e José A. Palomanes (OAAP. Triplo/15,76 m.
Record promesa á vez). Dous records xuvenís por parte de Jessica Rial (Barbanza. 400 m/58¨56) e Francisco Durán (OAAP. 5 km Marcha en ruta/23.48).E as cadetes Patricia Carballo (COCO. 60 m l/7¨94.
É á vez record xuvenil) e Ana Peleteiro (Barbanza. Triplo/11,46 m).
Categorías menores
Sete son os records galegos batidos polos menores; corresponden aos alevíns Iria Rodríguez (Porriño. 60 ml/9¨25. 500 ml/1.28.54 e Tríatlon/898 puntos); Iván
Carneiro (Marquier. 100 ml/3.18.95) e Antón Fernández (Barbanza. Lonxitude/4,32 m). En infantís Laura Meira (San Narciso. Pértega/2,25 m) e Héctor Rivas (Mercedarias. 50 ml/6¨85).
Veteranos
Os quince records batidos polos veteranos son os dos atletas do ADAS Roberto Faya, M-35 (Pentatlón/3.183 puntos e 60 mv/9¨23), José M. Bao M-55 (50 ml /6¨83 e 200 ml/26¨59) e José M. Ferradanes,
M-35 (Triplo/12,19 m). Juan S.Alonso, M-55 (Celta. Peso/9,14 m). José Santamaría M-60 (Barbanza.60 ml/8¨85). Mª Jesús Sanguos, W-55 (Comesaña.60 mv/10¨10.É tamén record de Europa). María Graña,
W-35 (SILVA. Lonxitude/4,02 m e Altura/1,32 m). Montserrat Carreira, W-40 (Comesaña. Lonxitude/3,66 m). Luz Domínguez, W-45 (OAAP.800/2.33.20). Begoña de Arriba, W-50 (Riazor. Peso/5,36 m). Olga
Romeu, W-55 (Comesaña.400 ml/1.31.35) e Francisca Romasanta W-60 (Egovarros.800 ml/ 3.40.06).