Hoxe ás 09:00 da mañá a FGA recibía a peor chamada que poidésemos esperar, a mesma anunciaba o triste falecemento do atleta mais veterán e campionísimo do atletismo galego, D. Xulián Bernal. Loitador, gran entusiasta do atletismo federado e popular, sacrificado, optimista… en definitiva todo un campión que todos levaremos no noso corazón e gardaremos nas nosas retinas as imaxes das súas últimas zancadas feitas no Circuito da Torre de Hércules donde acadaba o título de Campión de España, entre a gran cantidade de aplausos da xente e as palabras que o locutor do campionato pronunciaba pola megafonía “…está entrando ahora en la recta de llegada el techo del atletismo español…”. Non queremos que esto sexa unha despedida Julián, por iso lembrarémoste sempre e estarás connosco en cada campionato galego. A FGA desexa transmitir todo o seu apoio neste momentos tan duros ao seu fillo Jesús Bernal e toda a súa familia e amigos. O enterro terá lugar mañá mércores día 17 ás 11:00 horas en Catabois saerán dende o Tanatorio do Hospital Xeral de Ferrol 6-5.