Resultados

Isaac Vicente , seleccionado para a Copa de Europa de lanzamentos.

O martillista vigués do A.D. Marathon, Isaac Vicente Landín, foi seleccionado pola RFEA para formar parte do combinado español que participará na Copa de Europa de lanzamentos a celebrar en Arles, Francia, os días 20 e 21 de marzo.
O discípulo de José Manuel Hermida, que será o único atleta galego presente, ocupa o segundo lugar do ranking nacional, por detrás de Javier Cienfuegos, cunha marca de 68. 39m realizada o pasado 6 de febreiro en Vila Nova de Cerveira(Portugal), que lle deixou a escasos centímetros da mellor marca galega, que ten J. M. Almudí, en 68.58m. Ese será un destes obxectivos para esta competición

Compartir: