Chus Sanguos e Soledad Castro, ambalas dúas atletas do Comesaña Sporting Club proclamáronse campionas do mundo este fin de semana no Mundial de veteráns en Canadá. Chus Sanguos acadou o ouro na proba dos 60 metros valados W-55 mentres que Soledad Castro impoñíase no Medio Maratón. Noraboa para estas dúas magníficas atletas que continuan a acadar éxitos mais alá das nosas fronteiras!