Campionato de España Junior: Leticia Fernandez e Eva Costas. Campionas en 1500 e peso. Iria Abelleira e Denis Galán, bronce en Altura e 60 valados

Un total de 4 medallas acadaron os junior que competiron este fin de semana en San Sebastán onde Leticia Fernanández (OAAP) en 1500 con 4.45.84 e Eva Costas (AFC) con 12,83 metros proclamáronse campionas de España junior en pista cuberta.
As medallas de bronce foron para Iria Abelleira (OAAP) en altura con 1,64 metros e o seu compañeiro de equipo Denis Galán en 60 valos con 8.24
Destacar a marca de Eva, que a pesar de non adestrar habitualmente fíxose co titulo no ultimo intento: Leticia Fernández cumpriu cos pronósticos, aínda que os seus discretos 4.45 foron suficientes para dominar os 1500 metros.
En xeral positivo Campionato para os nosos representantes ¡parabéns¡ Actuacción gallega

Compartir: