O Palau Velódrom Lluís Puig de Valencia será este fin de semana a sede do XLVI
Campionato de España absoluto en pista cuberta, cun total de catrocentos participantes, dos cales unha ducia son galegos.
O saldo total de medallas na edición anterior limitouse a dous bronces, Jean Marie Okutu, en lonxitude e Virginia Villar, en 60m valos.
Nesta ocasión, é Luís Moro o único atleta galego que encabeza a lista de inscritos partindo ca mellor marca española, 5.35m en salto con pértega. Mentres que na representación
femenina poden ter opcións a subir ao podium Begoña Garrido, en 400m; Marta Fernández, en 3000m (segundas mellores marcas). Virginia Villar posúe
a terceira marca en 60m valados. Tamén terceiro, Jose Afonso Palomanes en triplo salto. Jean Marie Okutu, actual campión de España ao aire libre, intentará meterse
no máis alto en lonxitude.
De todas as probas, o heptathlon é a que conta con máis representantes con ficha galega. Do Real Club Celta de Atletismo, David Gómez e Álvaro Contreras, con opcións a medalla, e
da Gimnástica de Pontevedra, Santiago Ferrer.
Completan a participación galega, Víctor Riobo, en 1500m e a xuvenil lucense Paula Ferreiros, en
salto de altura Atletas inscritos Mais
infromación Desexámoslle moita sorte a todos eles!