Unha vintena de atletas galegos de todas as categorías e as catro
modalidades de lanzamentos, desprazáronse o sábado 20 á localidade portuguesa de Vilanova de Cerveira, como xa é habitual cada inverno, buscando realizar marcas persoais e comprobar o seu estado de
forma. Os habituais Torneios de Lançamentos ofrecen aos lanzadores unha atractiva alternativa ás escasas competicións que nesta época celébranse en Galicia, e a acollida por parte da organización,
é envexable. Por iso, os técnicos como Santiago Ferrer, José Manuel Hermida, Javier López Viñas e J. Angel Serantes adoitan acudir cos seus atletas, como nesta ocasión.
Tras a xornada do día 6, que supuxo moi boas marcas para os martillistas Isaac Vicente, Ignacio Fernández e Pablo Denís, esta vez destacaron as mozas. Sara Arousa, lanzou o martelo a 47.41m, e
Noelia Ferradanes, junior, a 47.22m, o que lle supón marca persoal. Xunto con Laura Graña, 41.46m, as tres do At. Feminino Celta, encabezan o ranking galego. Angeles Filgueira alcanzou 41.46m coa
xavelina e Elena Estévez fixo 12.03m en peso. En mozos, destacar aos atletas do San Narciso, Borja Ave, 51.50m en xavelina e Adrián Estévez, disco e peso, ademais de Pablo Denís.
A próxima cita, a nivel autonómico, é o sábado 27 nas pistas do Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra co Criterium de lanzamentos, reservado aos primeiros do ranking galego