En Haro disputouse na mañá de hoxe o Campionato de España de campo a través por clubes. Os galegos fixeron unha moi boa actuación, o potente equipo junior masculino do Atletismo San Miguel de Oia acadou unha praza para subir ao podium ca medalla de bronce. Por outra parte, a Sociedade Gimnástica de Pontevedra clasificouse en 4ª posición no cross corto, mentres que as mulleres do Comesaña Sporting Club estiveron a piques de acadar o podium ao rematar tamén en 4ª posición por escasos puntos do tercer clasificado. Por último salientar a actuación das atletas xuvenis do Val Miñor que acadaron unha meritoria 7ª praza.Resultados