Resultados

Boa actuación galega no Campionato de España de Clubs de campo a través veteranos

O pasado domingo en Ribadavia disputouse o Campionato de España de Club de veterans de campo a través, no citado campionato acadaron bos resultados os clubes galegos cun total de 4 medallas. Os equipos do Ourense Atletismo Academia Postal fíxose co Ouro na categoría M45 sendo bronce a Universidade de Santiago na mesma categoría, tamén conseguiron metal a categoría M55 e seguintes a cargo de Veteranos de Ourense que subiu ao podium en terceira posición. Na carreira de mulleres o Comesaña Sporting Club, subiu ao caixón a recoller a medalla de bronce.Noraboa para eles! Resultados

Compartir: