Novamente os galegos suben ao podium nun Nacional. Campionato de España Promesa: 6 medallas para los gallegos

Tras a disputa da primeira xornada do Campionato de España Promesa que se celebra en Sevilla,os atletas galegos acadaron dúas medallas de prata e un bronce. As medallas de prata correron a cargo do atletas da SGP , Jean Marie Okutu cunha marca de 7,35, a segunda prata foi para Sandra Mosquera do Comesaña en 3000 con 9.40.45 e o bronce acadouno o pertiguista Alexandre Sola do Ourense Atletismo Academia Postal en pértega con 4,90 metros.
En referencia aos demais galegos que competiron nesta xornada, en velocidade participou Maximino Rodriguez do RCC en 60 metros que non conseguiu meterse na final ao facer en semifinais 7.20, tampouco entrou na final de 800 Alberto Chaves con 1.57.93. No referente aos saltos, Pablo Comendador en lonxitude acadou un rexistro de 5,22 ocupando a 10ª praza. Tampouco Lucia Pérez en triplo acadou entrar na final, obtendo unha marca de 11,33 . En 3000 metros Paula Mayobre ocupou a 5ª praza con 10.05.70.

Domingo 2 Xornada
Nesta segunda xornada tres novas medallas para os galegos. En combindas Santiago Ferrer da SGP conseguiu a medalla de prata cun puntuación de 4.727 puntos, sendo cuarto Telmo Beceiro do Sierra Narón con con 4.280. Se a xornada do sábado non foi propicia para os noso saltadores, na mañá de hoxe José A. Palomanes(OAAP) fíxose coa prata en triplo con 15,50 quedando a catro centimos do ouro, o bronce foi para Jean Marie Okutu (SGP) con 14,95.; en 60 valos Carlos Iglesias non puido meterse na final ao quedar 6º en semifinais con 8.77.
En resumo, boa actuación dos nosos promesas ao facer un total de 6 medallas, acadando a SGP a sexta na táboa por puntos de clubes, ocupando o posto 25º o OAAP, e o RCC o posto 32º, 43º para o Sierra Narón e 53º para o Ria Ferrol.

Resultados

Compartir: