Este sábado celebrarase en Santiago na sede da Secretaría Xeral para o Deporte a xuntanza da Asemblea Xeral Ordinaria correspondente ao ano 2009. Ás 18:30 está prevista a primeira convocatoria e as 19:00 a segunda convocatoria. Nela estudiarase e aprobarase o calendario de competicións, a liquidación do exercicio 2009, o proxecto de orzamento do 2010, así como analizarase as propostas remitidas polos asambleistas. Tamén nese mesmo día, a Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGA traballará arreo en dúas reunións previstas, a primeira ás 10:00 horas da mañá e a segunda as 17:00 horas. Por outra parte, ás 12:00 horas reuniránse as Comisións de Adestradores, Xuices, Clubes e Atletas para tratar os temas de interese para estes estamentos.