A Federación Polaca de Atletismo convida ao adestrador galego Mariano García-Verdugo

Novamente o prestixioso adestrador galego Mariano García-Verdugo, director da Escola Galega de Adestradores, foi convidado para compartir os seus coñecementos internacionalmente con outros adestradores. A Federación Polaca de Atletismo remitiu un convite a Mariano para impartir un curso sobre a metodoloxía do adestramento en modalidades de resistencia basado no modelo Diper. Mariano viaxará a Varsovia nesta semana e impartirá docencia xunto ao recoñecido adestrador polaco Tadeusz Kepka, dende o venres ao domingo. A FGA desexalle o mellor nesta importante actividade formativa! Web Federación Polaca Atletismo

Compartir: