Alfonso Palomanes bate o record galego en triple salto en Zaragoza

Fantástica actuación do xoven atleta galego Alfonso Palomanes. O atleta do Ourense Atletismo Academia Postal batiu novamente o record galego en triple salto de pista cuberta, Palomanes clasificouse na terceira posición no Gran Premio Ciudad de Zaragoza cun mellor salto de 15,76, superando o seu anterior record sito en 15,61 m. Noraboa para Alfonso e todo o seu equipo de profesionais! Tamén interveu na proba de pértega Luís Moro que logrou exceder o liston en 5,00 metros, o que vén demostrar que a súa grave lesión esta esquecida.

Compartir: