Campionato Galego Absoluto de inverno

As pistas do Estadio Universitario de Elviña foron o escenario do Campionato Galego de Inverno, que tivo que disputarse ao aire libre por mor da folga do persoal nas instalacións do Pazo dos Deportes.
A xornada transcurriu con normalidade e as probas resultaron interesantes, aínda que poucas marcas destacables.
En homes o atleta da Soc. Gimnastica Jean Marie Okutu, venceu con facilidade en lonxitude con 7,13 e triplo con 14,35, no lanzamento de peso a marca de 15,82 foi suficiente para que Victor Galego se proclamase campión galego. En velocidade a victoria nos 60 m.l. foi para o atleta do RCC, Miguel Gómez con 7.15 facendo segundo Maximiliano Rodriguez con 7.16, nos 200 o vencedor foi Samuel Paz do Narón con 22.50 e Toubes foi segundo con 22.86, en 400 Enrique Prego do Riazor con 50.91 e en altura, soamente Iván Valle con 1,92 pasou o liston por riba de 1,90. Citar a marca de Denis Galán nos 60 valos cun rexistro de 8.48 que lle supón marca minima para o Campionato de España.
En mulleres Lida Casal fíxose cos 60 e 200 con 8.01 e 25.88, en 800 Leticia Fernandez con 2.16.01 e nos 1500 metros non houbo enfrontamento entre Leticia e Sandra e foi a atleta do Comesaña quen cruzou a meta en primeira posición con 4.35.12, sendo a súa compañeira de club Marta Fernandez a vencedora en 3000 con 9.26.60 (MMP) quen se impuxo con facilidade, os valos estiveron dominados por Virginia Villar con 8.76. En concurso , o triplo foi para Lucia Pérez do Atletismo Feminino Celta, con 11,62 e soamente un salto válido, sendo Leticia Gil con 5,38 a vencedora en lonxitude. Por último en peso a vencedora foi Mercedes de Santalo con 12,96 metros. [Resultados]

[Fotos Competición] gentileza de Flor Curras

[Foto Finish Finales] Comité Galego de Xuíces

Compartir: