Ruben Castro e Marta Fernandez campións absolutos de Campo a Traves

En Carballo celebráronse os Campionatos Galegos Absolutos, promesa e junior de campo a través, e o circuíto moi ben sinalizado, pero algo blando debido á choiva caida.
A xornada comezou coa Categoría junior mulleres, onde a gran favorita Leticia Fernandez do Ourense e fixo co titulo da categoría, entrando en segunda posición a atleta do Ria Ferrol, Melina Alonso e a terceira posición foi para Raquel Rodriguez do Praias de Jandia.
En junior homes o vencedor foi Uxio Abuin do San Miguel de Oia, acompañandole no podium Giberto Costas do mesmo club e Samuel Rodriguez do Real Club Atletismo Celta.
Por equipos en mulleres foi o Ourense Academia Postal que foi o unico que completou equipos, e en homes o San Miguel de Oia non tivo rival, xa que os 5 atletas que componian o equipos foron os 4 primeiros en cruzar a meta, seguidos do Ourense Academia Postal e Real club Celta de Atletismo.
Na carreira absoluta deuse a gran sorpresa da xornada, onde a falta de Penas,Nimo na linea de saída, o titulo conseguiuno Ruben Castro do Ourense, que nunha carreira intelixente de menos a máis se fixo co ouro, aínda que non fose o vencedor da carreira, que conseguiu Hassan Lekuili compañeiro de equipo., sendo segundo Oscar Piñero e terceira palza para Juan Pousa todos eles de Academia Postal, que tambien proclamouse campión por Equipos, seguidos da Sociedade Gimnastica de Ponevedra e o Coruña Comarca.
En promesa o titulo foi para Oscar Vicente da SGP, acompañandole no podium Sergio Igrexas do Vila de Cangas e Nicolas Arroxo do San Fernando Lucus. Por equipos, o Vila de Cangas, Atletismo Naron e San Fernando Lucus compuxeron o podium.
A xornada finalizou coa disputa da carreira absoluta mulleres, onde as atletas do Comesaña Marta Fernandez e Sandra Mosquera lograron o ouro e a prata, sendo bronce Natalia Raña do ria Ferrol. Por equipos o Comesaña revalida titulo ao gañar con autoridade, seguido do Ourense Academia Postal e o San Miguel de Oia.
En promesa non houbo sorpresa e Sandra Mosquera do Comesaña, inagura titulo na categoría, sendo segunda Paula Mayobre da SGP, sendo terceira Esther Navarrete do Atletismo Feminino Celta. Nesta categoría soamente o Ourense completou equipo.
En resumo boas sensacións para o noso atletas, antes da disputa dos Campionatos de España de Clubs a celebrar en Haro, asi como para o Nacional a celebrar en Coruña o próximo dia 7 de Marzo Resultados FOTOS

Compartir: