Mais de 300 persoas vencelladas ao atletismo presenciaron a Gala Anual do Atletismo Galego. Begoña Garrido e Pedro Nimo elexidos mellores atletas da tempada 2008/09

No Auditorio municipal de Ourense congregáronse hoxe máis dun centenar de deportistas xunto a familiares, amigos e autoridades de distintos concellos, deputacións e empresas privadas para vivir o día da festa do atletismo galego. A Gala Anual do Atletismo Galego atrae cada ano a un número maior de amantes do atletismo. O acto que contou ca inestimable colaboración do Concello de Ourense, foi presentado polos magníficos atletas Lorena Luaces e Jorge Silva. Atletas de todolos rincóns de Galicia presenciaron este evento donde se premiou a importante labor desempañada polos distintos estamentos atléticos. Asemade a Gala tamén contou ca participación de Guti, o xoven atleta do barco que deleitou c seu número de malabares ao público presente . Entre outras distincións cabe destacar a entrega da Placa Ramón Docal á xuiza Berta Fernández, e as distincións aos mellores atletas do ano, seguindo os votos rexistrados na web, xunto aos votos emitidos por membros da Xunta Directiva da FGA e de representantes de diversos medios de comunicación galegos, os elexidos nesta tempada pasada foron: Pedro Nimo e Begoña Garrido como mellores atletas absolutos, Jean Marie Okutu e Sandra Mosquera como mellores atletas sub-23 e Emilia Mesa e Julián Bernal como mellores atletas veteráns. Se queres ollar os videos proxectados ao longo da Gala.Pincha aquí. Para ver as fotos do acto Pincha aqui. Noraboa a todolos premiados!

Compartir: