Campionatos Galegos en pista cuberta

No Palacio dos Deportes da Coruña, celebrouse o Campionato Galego Cadete e Xuvenil e o 1500 e o 3000 metros da categoría promesa.
A xornada completa resultou moi concorrida pola gran cantidade de atletas que se deron cita na diputa do campionatos.
Categoría Cadete
En xeral en homes non houbo marcas destacadas, pero non asi en mulleres xa que a atleta da Agrupación Deportiva do Barbanza, Ana Peleteiro mellora a mellor marca galega en triple con 11,24, tambien sobresaíu en lonxitude con 5,23 metros haciendose co titulo en ambas as probas. Tambien citar á cadete de priimer ano Patricia Carballo do Coruña Comarca na proba de 50 metros cun rexistro de 6.95 que vén referendar que é a gran dominadora da velocidade. Aitana Leguicano do Ourense fíxose cos titulos de 600 metros e os 50 valas
Categoría Xuvenil
Triplete titulo para Carlos Moro do Riazor Coruña en 200 con 23.97 e en 50 valos con 7.32 y 400 con 54.6. Doblete para Ivan Rodriguez do suarez Marquier en lonxitude e triplo con 6,09 e 12,05 , Jessica Rial da Agrupacion deportiva do Barbanza tambien fixo dobrete en 200 e 400, asi como Sonia Beceiro do Naron proclamouse campioa en 50 valos e lonxitude
Categoría Promesa
Os titulos que se disputaron foron o 1500 e 3000, onde a gran favorita Sandra Mosquera do Comesaña fíxose co titulo na proba de 3000 con 9.47.71, logrando a súa mellor marca e Esther Navarrete en 1500 con 5.11.08 foi a vencedora da proba. En home Diego Barreiro o Naron e David Gonzalez do Vila de Cangas proclamáronse campións dean 3000 e 1500 metros. Resultados FOTOS

Compartir: