Este sábado celébranse as I Xornadas Técnicas Galegas de Lanzamentos

Un total de 23 persoas participarán este sábado na primeira xornada formativa da tempada 2009/10 organizada polo NAR Coruña. As xornadas direxidas polo adestrador Raimundo Fernandez abordarán numerosos aspectos relacionados co adestramento nos lanzamentos. Ás 10:00 horas terá lugar unha charla sobre a Didáctica e metodoloxía do adestramento de disco posteriormente farase unha sesión práctica vinculada ao disco e xa na tarde impartirase a Didáctica e metodoloxía do adestramento en xavalina , tamén con parte práctica. Ás 20:00 horas terá lugar a entrega de diplomas aos asistentes.

Compartir: