Victor Arufe novo Doutor

O Secretario Xeral da FGA, Victor Arufe no trancurso do dia de hoxe, leu e defendeu a súa tese doutoral na Facultade de Ciencias da Educación, obtendo a cualificación de “sobresaliente Cum Laude”. A súa tese con título “Estudo da toxicidade producida pola suplementación de ferro en ratos. Pautas nutricionais en nenos e xóvenes deportistas para unha correcta optimización da actividade física saudable” aporta un novo coñecemento científico no eido da suplementación deportiva, non rexistrándose apenas estudos nesta liña de investigación. O traballo que demorou 6 anos, foi dirixido polo Dr. Jose Luis García Soidán (Universidade de Vigo) e o catedrático en mediciña o Dr. Jose A. Duarte (Universidade de Oporto). Desde a FGA felicitamos efusivamente ao novo Doutor da Actividade Fisica e Deporte.

Compartir: