Xa está aberta a plataforma de inscrición online para a Carreira de Fin de Ano do Concello de Mugardos e Ares

O Concello de Mugardos e Ares organizará o vindeiro domingo día 27 de decembro a súa V Carreira Popular Fin de Ano. Esta proba que conta cunha excelente organización dispón dun novo servicio que ofrece a FGA para todalas carreiras populares que se inscriban no calendario de competicións. Este servicio básase na inscrición on-line dende a web da FGA. Ademais, todalas carreiras incluidas no calendario cumpren uns requisitos mínimos de calidade organizativa e de seguridade para os participantes que nela se den cita, de acordo á normativa vixente de seguridade vial. Todolos interesados poden inscribirse facendo click na imaxe do cartel do evento sito no lado dereito da web. A inscripción queda aberta hasta o 22 de Decembro.

Compartir: