Xetafe foi o escenario do V Criterium Nacional de Marcha, onde competiron
varios atletas galegos nas distitntas categorias e disttancias.
Actuación Galega
Na primeira cita nacional de marcha en ruta, Lorena Luaces Barril do Ourense Academia Postal mellorou a súa mellor marca galega de 47.13 ao parar o crono nos 10 Km. en 46.47,
entrando en meta en terceira posición.Bo rexistro de Pere Torrabuela na mesma distacia cun crono de 51.14 que tambien mellora a mellor marca galega en veteranos M40.Os xuvenís sobre unha distancia
de 5 Km. de Francisco Durán Acuña cun marca de 24.28 (mellor marca galega da categoría) e RocioCarbia Lojo foi a gañadora da proba con 27.00 . En categoría cadete
foi Marisol Diz Pérez sobre 3 km. e cun rexistro de 16.00 entrou en meta na 4ª posición . E en infantís as mulleres, Carmen Escarin Mella, Elena Fraguas Igrexas e Carmen
Fuentes Castro, ocuparon as tres primeiras prazas, sobre 3 km. con 16,58, 17.34 e 17.49 respectivamente , sendo segundo Daniel Chamosa Dacasa con 27.25 en 5 km.
En resumo moi boa a participación galega, o que biene a desmostrar a mellora ano tras ano nesta disciplina atletica. Resultados