Con data de hoxe publicouse na Circular 84-2009 a convocatoria de axudas económicas para atletas veteráns galegos que obtiveron resultados relevantes a nivel nacional e internacional na pasada tempada 2008/09. Destínase un orzamento total de 7000 euros para axudar a sufragar parte dos gastos destes atletas na súa representación do atletismo galego en eventos internacionais. O prazo de recepción de solicitudes remata o vindeiro venres día 18. As mesmas podense enviar por email. Mais información