O pasado dia 29 nunha mañá onde a saraiba tamén quixo participar da despedida do circuíto do paseo do Lagares no barrio da Ponte, de San Andrés de Comesaña, logo de 20 anos de inesquecibles
Belarminos tivemos a satisfación de ver completar en devandito lugar un podio feminino do club organizador.
Do mesmo xeito que a saraiba, tamén estivo presente o concelleiro de deportes de concello de Vigo Xabier Alonso, pero a diferenza da saraiba este estivo durante todas as probas , facendo as
entregas de premios. Temos que recoñecer que o concelleiro, unha vez máis, soubo estar no sitio e momento oportuno.
Facendo unha demostración de esforzo desde o principio de carreira Marta Fernández daba o máximo que podía, sen deixar nada para especular, correndo como lle gusta á súa adestradora, en busca do
triunfo desde o disparo de saída, o cal ofrece un espectáculo digno de apreciar. O que non cabe dúbida algunha é que se Marta confiásese o mais mínimo, a súa dobre compañeira (de club e
adestramentos) Sandra Mosquera, lle birlaría ese primeiro posto, ¡amigas si!, pero en carreira ….. Sandra, que estreaba categoria non dubidou o máis mínimo en pór todo do seu parte para intentar
vencer á súa compañeira, moi boa carreira tamén de Sandra, vencedora por suposto en Promesa, creemos demostrou con suficiencia que se ten ben gañada a súa presenza en Dublín, no Cto. de Europa.
Os homes que correron antes que as mulleres ofrecéronnos unha bonita carreira, onde un cuarteto composto por Hassan Lekhili,(OAAP) Bruno Jesús,(N.A.Joane) Rubén Castro (OAAP) e Carlos
Costa,(N.A.Joane) loitaron de xeito conxunto case ata o final, se o favorito de antemán era Hassan, Bruno demostrou que no barro adáptase mellor, e ademais se lle veia con enormes ganas de subir
ese banzo que lle faltaba no podio do Belarmino
Se os catro de cabeza loitaron con verdadeiro esforzo, quizais quen máis agradablemente sorprendeu foi Rubén Castro,terceiro, moi meritoria a súa carreira, non dejandose impresionar polos rivais
que a prióri ofrecian máis garantias de triunfo…… o que non cabe dúbida que varia moito de correr en asfalto a correr en barro.
Moi boa carreira do gañador Promesa, quinto absoluto, Sergio Igrexas (Vila de Cangas) que demostra estar nun momento (como corresponde á súa idade) ascendente no seu rendemento, mantivo forte loita
ata case a última volta con José Manuel Vieito (Sar A Poutada), ambos por diante do coruñes do Cimans Coruña Comarca, Juan Pena Holguín, que corrio de menos a máis, superando na última volta a
Óscar Piñeiro (OAAP). Resultados
Cronica Joaquin Pérez