Resultados

Lorena Luaces, vence en Toledo

Bo comezo de tempada de Lorena Lauces onde interveu en Toledo na proba de 5 km. marcha en ruta sobre unha distancia de 5 Km. e inscribiu o seu nome como vencedora cun tempo de 22.41. Este rexistro suponlle mellorar a marca anterior galega que estaba en posesion de Carmen Boné con 23.15 desde o ano 2006.
A proba desenvolveuse nunha agradable tarde-noite na avenida da Recoquista, que como vén sendo habitual, preestrena, cunha acepetable presenza de público, as luces de Nadal de todo o seu arboledo para dar a benvida a máis dun centenar e medio de marchadoras e marchadores procedentes de toda España. A galega do Ourense Academia Postal Lorena Luaces, 4ª absoluta nos nacionais de ruta (20 km.) e pista (10km.) da tempada pasada, superou con autoridade a compañeiras da talla da aragonesa Mª José Poves, vencedora da edición de 2006 e que nesta ocasión só puido ser 2ª, Rocío Florido ou Ainhoa Pinedo, prata e bronce absoluto no campionato de España de 10.000 m. en pista de 2009, entre outras. A galega, con 22:41, logrou 6 segundos de vantaxe sobre a atleta do Scorpio-71, e quedou a tan só 8 de igualar a plusmarca da proba sobre 5 km. de María Vasco de 2007. A terceira praza foi para a promesa española de orixe húngara Julia Takacs (22:56), vixente campioa de España promesa en ruta e pista e subcampioa absoluta en ruta de 20 km. Pola súa banda, a portuguesa Ana Cabecinha, 8ª nos JJ.OO. de Pequín, terminou 4ª con 23:10
Resultados

Compartir: